Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As irmáns dezás Cristina e Cecilia Sanmartín protagonizaron un showcooking do Galo Piñeiro no Pino

Laura Moure/O Pino

Sabores e Saberes do Camiño, proxecto liderado pola Federeación Efas de Galicia e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, celebrou este xoves en O Pino a súa terceira sesión co Galo Piñeiro como protagonista. As irmáns Cristina e Cecilia Sanmartín do restaurante Casa San Martín, do municipio de Lalín, premio de gastronomía Galo de Curral, foron as encargadas de acometer as elaboracións nas que ensalzar a carne desta raza autóctona: Galo receita tradicional e vieira con cecina de Galo Piñeiro.

O showcooking foi aperturado por de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, Manuel Taboada, alcalde de O Pino e Enrique Rodríguez Rendo, vicepresidente das Efas de Galicia.


Nava Castro salientou o importante papel que realizan proxectos como Sabores e Sabores do Camiño para valorizar os produtos e os seus territorios. O Galo Piñeiro é unha mostra de auténtico recurso xenuino.


Pola súa banda, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, agradeceu o apoio da administración e o traballo de institucións como as Efas de Galicia en prol da dinamización do rural, do Camiño e dos seus recursos.


Dende as Efas de Galicia, Enrique Rodríguez, defineu a iniciativa Sabores e Sabores como unha expresión do camiño no eido gastrocultural que permite descubrir os recursos do Camiño e os seus territorios, interactuar cos seus axentes e recompilar e documentar o seu saber facer.


O galo para nós é un dos produtos cárnicos galegos nos que se reflexa a calidade e a tradición da nosa terra. Seguindo a tradición preparamos o galo como se fixo sempre cunha receita que leva na nosa casa varias xeracións, e por outra banda, faremos unha receita menos tradicional, pero que permite un perfecto aproveitamento da peza de galo”, afirmou Cecilia Sanmartín.

O programa

O programa Sabores e Saberes do Camiño ten como finalidade o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago, a promoción da súa riqueza cultural, natural e humana a través de actividades de difusión da potencialidade gastrocultural nos concellos de O Pino, Arzúa, Palas e Melide. Así recentemente nas instalación do centro de formación profesional Efa Piñeiral tiveron lugar as primeiras sesión do programa, co queixo D.O.P Arzúa-Ulloa e a mel como protagonistas de sendas accións. O proxecto continuará con obradoiros tematizados que terán lugar en Melide, Palas e Arzúa ó longo dos mes de maio.


276 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE