top of page

As inscricións para cursos de natación en Silleda e na Bandeira, a partir do martes ás 12:00 horas

Xa se están a vender no Concello os bonos para toda a tempada


Laura Moure/Silleda

As piscinas municipais de Silleda, con dous recintos en Silleda e na Bandeira, abrirán ao público o vindeiro martes día 1. Xa dende esta primeira xornada poderán realizarse tamén as inscricións para os cursos de natación co propio persoal de socorrismo (a partir das 12:00), tanto nas piscinas de Silleda como nas da Bandeira. O horario dos cursos será como nos últimos anos pola mañá dende as 12:00 horas e establecerase en función do número de quendas necesarias para a realización dos mesmos.

Ao igual que o ano pasado, tamén se ofrecerán cursos de ximnasia na auga para persoas adultas. Os cursos infantís están destinados á rapazada a partir de 5 anos. As clases

comezarán na primeira semana de xullo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O prezo dos cursos é -no caso de persoas abonadas- de 3 euros ao mes en infantil e 9 euros para persoas adultas. Os que non dispoñan de bonos pagarán 20 euros/mes. Estes bonos, para todo o verán, xa se están a vender nas dependencias do Concello de Silleda, (planta baixa) dende o pasado luns. O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.


Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Por cada persoa que figure como titular da familia abonaránse 10 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, o segundo paga 8 euros, e a partir do terceiro fillo, este último non pagará.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Horario de apertura

As piscinas abrirán ao público a partir das 14:30 e ata as 20:30 horas, de luns a venres. Os sábados, domingos e xornadas festivos, o horario será de 15:00 a 20:30 horas.


O custe da entrada ao recinto será de 1 euro por día, tal e como recolle a ordenanza da taxa polo uso de instalacións deportivas, e abonarase nas propias instalacións.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page