top of page
Perruquería Marisa.gif

As galaicas Cristina Couto e Tamara García soben ao podio da Copa Galega deCarreiras por Montaña

Manuel Conde logrou o terceiro posto na Copa Veteranos B


Ecos da Comarca/Deza

Nesta fin de semana varios corredores do club lalinense GTR Galaico Trail Run participaron no Gran Premio de Montaña da Rúa (Ourense), tanto no trail coma no maratón. "Dende o Club destacamos os resultados que conseguiron Tamara García, que acadou a segunda posición, e Cristina Couto, que acabou terceira". Pola súa banda, Manuel Conde logrou o terceiro posto na Copa Veteranos B.


Esta era a última competición da Copa Galega de Carreiras por Montaña 2022, na que, tras

desputar as tres probas (VIII Desafio Oia, VI Trail Padrón Desafío Vértice e VI GPM A Rúa),

Cristina Couto se proclamou campioa e Tamara García conseguiu un bronce. "Desde o GTR dámoslle os parabéns a estas dúas grandes deportistas polos resultados".

Os corredores destacan que a proba da Rúa foi unha carreira “moi bonita, aínda que tamén

dura, a que se lle sumou unha xornada de calor”. "Pero os nosos deportistas dérono todo, por iso os felicitamos polos resultados colleitados", recalca o clube de Deza.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page