As Festas de Verán de Silleda provocarán cortes de tráfico e restricións de estacionamento en varias rúas
As limitacións comezarán hoxe, martes 7 de xullo, coa montaxe das atraccións e escenarios e prolongaranse ata o luns 13
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda informa á veciñanza de que, con motivo da celebración das Festas de Verán 2026 e dos traballos de montaxe das atraccións, escenarios e demais infraestruturas, estableceranse distintos cortes de tráfico e restricións de estacionamento
en varias rúas da vila para garantir a seguridade durante o desenvolvemento dos festexos.

As primeiras restricións comezarán hoxe, martes 7 de xullo ás 15:00 horas, momento no que quedará pechada ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro permanecendo así ata a madrugada do luns 13 de xullo.
Tamén desde hoxe quedará pechada ao tráfico a prolongación da rúa Emilio Alonso Paz, permitindo unicamente o acceso aos garaxes.
A partir do xoves 9 de xullo, estableceranse novas restricións. Así, o tramo das rúas Antón Alonso Ríos, Cartaxena e Castrelo permanecerá pechado ao tráfico desde as 15:00 horas do xoves e, posteriormente, desde as 11:00 horas do venres ata o remate do concerto previsto para o domingo 12.
PUBLICIDADE
No caso da rúa Progreso, os cortes realizaranse en distintos momentos: o xoves 9 desde ás 11:00 horas, o sábado 11 a partir das 16:00 horas e o domingo 12 desde ás 17:00 horas.
As rúas Venezuela e Emilio Alonso Paz permanecerán pechadas ao tráfico dende última hora da tarde e as 06:00 horas durante as xornadas do xoves, venres, sábado e domingo.
Durante estes períodos, o acceso estará permitido, sempre que sexa posible, ás persoas residentes e aos vehículos de carga e descarga.
PUBLICIDADE
Praza Juan Salgueiro
Así mesmo, e con motivo da montaxe para a XXVI Festa do Lacón, que volta o venres, tamén dende hoxe estará prohibido estacionar no tramo de acceso á praza Juan Salgueiro dende a rúa Outeiro.
O acceso aos garaxes para residentes nesta praza, será pola rúa Alonso Ríos. Desde o Concello solicítase a comprensión e colaboración da cidadanía ante estas limitacións temporais, imprescindibles para garantir o correcto desenvolvemento das festas e a seguridade tanto da veciñanza como das persoas asistentes aos distintos actos programados.
PUBLICIDADE
O Concello de Silleda agradece de antemán a colaboración da veciñanza e persoas visitantes.










Comentarios