top of page

As Escolas Vellas de Piloño albergarán o día 28 unha tarde chea de actividades de Nadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A iniciativa está organizada pola Asociación Social e Cultural Garatuzas, co apoio do Concello de Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Vila de Cruces

As Escolas Vellas de Piloño (Vila de Cruces) converteranse o vindeiro sábado 28 de decembro a partir das 16:00 horas no escenario dunha tarde máxica repleta de actividades do Nadal.


Publicidade  

A tarde dará comezo coa representación do conto do Nadal "Un inocente conto de Nadal" a cargo da Coral Polifónica de Piloño e algúns dos nenos de Garatuzas, baixo a dirección de Enrique Viz. A continuación, celebrarase a festa final do obradoiro de radio, onde se poderán escoitar os programas creados en Radio Garatuzas e gozar dun delicioso chocolate con churros. Ademais, contarán con visita dos Paxes Reais e un inchable xigante onde os nenos poderán xogar e as familias poderán capturar momentos especiais porque é un divertido photocall.

A actuación do grupo local, as Estraloqueiras completarán unha programación pensada para facer gozar a grandes e pequenos. A actividade está organizada pola Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño, co apoio do Concello de Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra. O evento promete diversión familiar para todas as idades.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Asociación Garatuzas, creada en novembro de 2022, leva a cabo un labor fundamental na dinamización da parroquia de Piloño, promovendo actividades culturais e sociais dirixidas a nenos e familias. Con 27 familias asociadas e 46 nenos, Garatuzas organizou un amplo abanico de actividades ao longo do ano, como clubs de lectura, talleres de pintura, celebracións de datas sinaladas, a segunda edición da Festa dá Rapazada, xornada de convivencia no Morrazo e actividades extraescolares.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page