Estas permiten “financiar os gastos de funcionamento destes centros, que desenvolven un labor esencial”, resalta o presidente do ente provincial
Ecos da Comarca/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as subvencións dirixidas ás asociacións e entidades que xestionan escolas de música na provincia. Son achegas, como explicou onte o presidente provincial, Luis López, que permiten “financiar os gastos de funcionamento destes centros, que desenvolven un labor esencial”. En total, concedéronse 29 achegas para outras tantas asociacións que suman un orzamento de 90.000 euros.
Publicidade
Coas axudas que acaba de aprobar o Goberno da Deputación de Pontevedra financiaranse gastos de funcionamento de 29 escolas de música situadas en 21 concellos da provincia: Agolada (1), Barro (1), Cangas (1), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), Lalín (2), Mos (1), As Neves (1), Ponteareas (2), Pontevedra (2), Redondela (1), Ribadumia (1), O Rosal (1), Salceda de Caselas (1), Silleda (1), Soutomaior (1), Tomiño (1), Tui (1), Vigo (6), Vilaboa (1) e Vilanova de Arousa (1).
Publicidade

O presidente provincial informou de que as subvencións se concederon por concorrencia competitiva, tendo en conta, entre outras cuestións, o número de alumnas e alumnos e de docentes, o orzamento de gastos da escola e as especialidades impartidas.
Comentários