As entradas para asistir á Gala do Cocido de Lalín repartiranse o martes, 7 de febreiro, pola tarde
Actuarán Omar Montes, Beret, Ortiga e Pili Pampín, María del Monte, París de Noia, Olympus, Pachi Show, Máisquedanza, Agrupación A Carballeira, Pandereteiras de Cercio, Carballo da Manteiga, N525 e De perdidos al trío
Laura Moure/Lalín
A Gala do Cocido de Lalín presentada por José Ramón Gayoso e por Trisha Fernández, e que se celebrará o venres, día 10 de febreiro, contará coas actuacións de Omar Montes, Beret, Ortiga e Pili Pampín, María del Monte, París de Noia, Olympus e os lalinenses Pachi Show, Máisquedanza, Agrupación A Carballeira, Pandereteiras de Cercio, Carballo da Manteiga, N525 e De perdidos al trío.

Ao longo do evento recollerán os premios os elixidos para o Premio de Gastronomía de Galicia e Manuel Villanueva recollerá o Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
O programa comezará ás 21:57 horas e ten previsto o seu remate ás 1:00 horas. Aínda que ese será o horario de directo, a entrada ao recinto producirase sobre as 20:00 horas e as portas pecharanse sobre as 21:30 horas ou con anterioridade se se encheu o aforo.
Reparto de entradas
As entradas para asistir á Gala do Cocido, repartiranse o martes, día 7 de febreiro, a partir das 19:00 horas na recepción do Concello, a razón de dúas entradas por persoa. Como en anos anteriores e como recollen as propias entradas dun xeito moi visible, as invitacións dan dereito a acceder ao recinto nos horarios previstos, entre as 20:00 horas e as 21:30 horas, e ata completar o aforo.
"Cumprida unha desas premisas, é dicir, pasadas ás 21:30 horas ou completado o aforo, non se permitirá o acceso aínda tendo ditas entradas", recalca o Concello
Telediario Telecinco
Por outra banda, Telecinco emitirá en directo o día da Feira do Cocido, o domingo 12 de febreiro, o seu informativo de mediodía desde un plató na Praza da Igrexa presentado por Pepe Ribagorda que un par de horas antes ofrecerá o pregón da LV Feira.
"Será a primeira ocasión en que unha canle de nacional emita parte da súa programación en directo dende Lalín. Unha emisión que significará un importante pulo na comunicación da Feira. Os informativos da canle de Mediaset, no pasado ano, só se emitiron en directo en Galicia dende a Praza do Obradoiro con motivo da celebración do Ano Santo", recalca o Concello.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Beret: https://www.ecosdacomarca.com/post/beret-actuar%C3%A1-na-gala-do-cocido-de-lal%C3%ADn
Omar Montes: https://www.ecosdacomarca.com/post/omar-montes-tam%C3%A9n-actuar%C3%A1-na-gala-do-cocido-de-lal%C3%ADn
Premios que se entregarán durante a gala: https://www.ecosdacomarca.com/post/manuel-villanueva-ga%C3%B1a-o-xxix-premio-nacional-de-xornalismo-gastron%C3%B3mico-%C3%A1lvaro-cunqueiro
Cartel actividades Cocido ata o mes de maio: https://www.ecosdacomarca.com/post/lal%C3%ADn-d%C3%A1-a-co%C3%B1ecer-todas-as-actividades-en-relaci%C3%B3n-coa-festa-do-cocido-que-durar%C3%A1n-ata-maio
Carreira do Cocido: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xiii-carreira-do-cocido-de-lal%C3%ADn-contar%C3%A1-cun-convenio-con-locais-hostaleiros