Este está impulsado pola Xunta e Tecnópole
Laura Moure/Arzúa/Palas
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia
(Tecnópole), entidade encargada da súa xestión e coordinación. Na segunda edición do
programa, que acaba de concluír, participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base
tecnolóxica de toda a comunidade.
Durante os dez meses de duración do programa, traballouse na saída ao exterior das
empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido,
abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a
mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas
marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con
outras empresas. Das 30 pemes participantes nesta segunda edición, dúas delas son das comarcas: Kiwanda (Arzúa), Solucións para dixitalizar as empresas e incrementar a súa eficiencia e rendibilidade e Granja Campomayor (Palas de Rei), Exportación de clara de ovo hidrolizada a África.
Estas empresas logran internacionalizar os seus produtos ou servizos coa axuda do programa “Galicia Avanza”, impulsado pola Xunta e Tecnópole.
Publicidade
Kiwanda é unha firma de base tecnolóxica situada en Arzúa. Expertos en visión artificial e
tecnoloxía RFID -Identificación por Radio Frecuencia-, crean solucións para dixitalizar as
empresas, co fin de optimizar os seus procesos e lograr unha maior rendibilidade. Nesta
liña, contan con clientes que son referencia nos seus sectores como a multinacional Bayer,
Kiwi Atlántico ou Inditex; e teñen realizado traballos tan dispares como a dixitalización
dun barco pesqueiro en Sudáfrica.
A compañía permite aos seus clientes ser máis eficientes en todas as operacións da cadea
de subministración. Grazas á súa tecnoloxía, poden integrar a canle física coa online e
incrementar o número de vendas; reducir as diminucións dos produtos até nun 33%;
aumentar nun 25% a precisión do inventario, evitando até un 40% dos casos de rotura de stock; reducir custos, mellorando a satisfacción do cliente e a rotación do produto,
podendo chegar a un aumento de beneficios de ata o 60%.
Coa axuda do programa “Galicia Avanza”, a firma está a consolidar a súa presenza no
Reino Unido, en particular en empresas loxísticas, de saúde e industriais do país británico.
No futuro ten previsto abrirse a outros mercados cun alto grao tecnolóxico como é o caso
de Alemaña.
Publicidade
Mentres, Granja Campomayor é unha empresa familiar afincada en Ximonde (Palas de Rei), dedicada á produción de ovos en casca e ovoprodutos. Iniciou a súa actividade en 1949. Xa pola terceira xeración, foise modernizando tecnoloxicamente, duplicando a súa
capacidade produtiva e impulsando novas liñas de negocio. Na actualidade produce un
millón de ovos diarios, logrando situarse como unha das produtoras líderes a nivel
nacional, con máis de 70 traballadores e superando os 20 millóns de facturación.
Nos últimos anos, a empresa apostou pola diversificación e a innovación nos seus
produtos, o que provocou o nacemento doutras especialidades como o ovo líquido
pasteurizado, o ovo cocido e o innovador ovo a baixa temperatura. O seu carácter
innovador levouna a mercar en 2018 unha patente sobre clara de ovo hidrolizada. En
colaboración co CSIC conseguiron obter do ovo texturas que ata o de agora eran
completamente descoñecidas na gastronomía.
Publicidade
TA partir desta patente iniciou un proxecto centrado no desenvolvemento dunha nova
gama de produtos, baseados en proteína animal alternativa ao leite, que non existe no
mercado. Trátase fundamentalmentede de bebibles e produtos cremosos análogos
lácteos elaborados a base de clara de ovo campeiro hidrolizada. Todos estes produtos, ao
seren derivados da clara de ovo, teñen unha composición maioritariamente proteica e non
conteñen graxas nin azucres. Ademais, son sustentables e cunha menor pegada de
carbono que os seus análogos lácteos.
A experiencia internacional de Campomayor limitábase a Portugal e, de maneira puntual,
exportaba a países como Gambia, Liberia ou Serra Leoa. No útimo ano as súas
exportacións representan só o 2% das súas vendas, fronte ao 98% do mercado nacional.
Coa aposta da empresa pola clara de ovo hidrolizada e co apoio do programa “Galicia
Avanza”, logrouse avanzar considerablemente no coñecemento dos mercados do Reino
Unido e Estados Unidos e na xestión da entrada nestes mercados.
Comments