top of page

As corredoras do Club Deportivo Biosbardo revalidan o título de Campioas Galegas

O combinado masculino faise coa terceira praza no campionato máis numeroso por clubs


Ecos da Comarca/Xeral

Este domingo, 14 de xuño, deportistas do Club Deportivo Biosbardo desprazámonos ata a localidade ourensá de Esgos onde na súa XVIII carreira se desputaba o Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning por Clubs. "Desprazamos un total de 20 atletas para desputar o campionato absoluto, tanto masculino como feminino coa idea de revalidar o doble título acadado o ano pasado. Unha carreira marcada polo calor, nos seus case 17 km con 600 metros de desnivel e récord de equipos desputando o campionato galego, con case 30o de temperatura media", sinala o club.


EQUIPO MASCULINO, BRONCE GALEGO

"Os primeiros en entrar en meta, os rapaces. Chegamos cun equipo competitivo pero mermado polas gripes das pasadas semanas; con todo, os nosos corredores deron o

100%. O dúo liderado por Iván Sangiao e Sergio García entraría 11º e 12º da xeral, dous corredores combativos aínda recuperándose das súas afeccións que se deixaron a pel polo equipo, cóbado con cóbado toda a carreira". Completaban nesta orde a entrada en meta dos demais corredores do club: o cruceño Emilio Montilla (18º), Jonathan Pérez (20º), Guille Grandal (48º), Óscar Novo (63), Fran Sobrado (67), Eneko Hurtado (76), Juan Carlos Domínguez (90), Alberto Campos (116).

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

CAMPIOAS GALEGAS ABSOLUTAS

"Dominando de principio a fin, as nosas corredores sairon como claras favoritas,

amosando unha vez máis o grandísimo estado de forma das nosas atletas, tanto a nivel

individual como colectivo. María Frey dominou a carreira, intratable no seu camiño á vitoria absoluta, seguida de preto por Charo Figueroa que entraba terceira en meta, arroupada

por Carla Trillo, cuarta. Xa matematicamente campioas galegas entraban o resto de deportistas realizando unha carreira brillante: Fanny Abelenda (13), Kenia Estrada (14), Enara Fernández (21), Katia Senín (41), Verónica Neira (44). Vitoria que as nosas corredoras adicaron a Tere Dieste, quen recuperándose tamén dun proceso gripal estivo en Esgos dando folgos durante a proba".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Con este resultado o CD Biosbardo pecha o primeiro semestre de competición oficial en Galicia cos seus deportistas nos postos máis altos do ranking galego así como con medallistas nacionais nas distintas modalidades de trail. As seguintes grandes citas a Nivel Galego serán para o seu combinado o Campionato 10K en ruta, que se desputará en Vilagarcía de Arousa o vindeiro 25 de xullo e posteriormente o Campionato de Galicia de Carreiras de Montaña que se desputará en Folgoso do Courel o 29 de agosto.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page