top of page

As comarcas volverán ter hoxe xoves os ceos pouco nubrados ou despexados con temperaturas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, Galicia continuará na influencia das altas presións. Polo tanto, o ceo estará despexado ou con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Néboas pola mañá no interior da provincia de Lugo e brétemas entre a Costa da Morte e o Golfo Ártabro.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable e con réxime de brisas nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page