top of page

As comarcas volverán ter hoxe xoves os ceos parcialmente nubrados con chuvascos ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, iremos quedando nunha situación de pantano barométrico ao longo do día, con presenza de aire frío en capas altas. Esta configuración vainos traer intervalos de ceo nubrado con chuvascos e treboadas dispersas, máis probables cara ao norte e noroeste durante a mañá e no interior durante a tarde. No litoral, persistirán as néboas, que irán entrando en terra na fachada atlántica pola noite. As temperaturas descenderán de xeito moderado, agás no extremo norte. Os ventos estarán en calma ou soprarán frouxos de compoñente oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page