top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas volverán ter hoxe venres os ceos parcialmente nubrados e temperaturas en descenso

IsmaelRS/Xeral

Galicia estará na xornada de hoxe venres, nunha situación de pantano barométrico, con moi pouco vento. Así, agárdanse néboas e nubes baixas densas e compactas, especialmente na metade oeste, que tenderán a ir abrindo co avance da mañá. Pola tarde, medrará algunha de evolución diúrna en comarcas montañosas da provincia de Lugo. As temperaturas descenderán de xeito lixeiro ou puntualmente moderado. O vento estará en calma ou soprará frouxo do oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page