As comarcas volverán ter hoxe sábado os ceos pouco nubrados ou despexados e bancos de néboa matinais
- IsmaelRS
- 3 dic 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Galicia quedará hoxe sábado nunha situación intermedia entre a borrasca localizada entre os Azores e a península Ibérica e un cinto de altas presións que se estende en latitudes altas desde o Océano Atlántico ata Rusia. Deste xeito, amencerá con bancos de néboa no interior e con intervalos de nubes baixas no terzo norte que se moverán ata o norte de Pontevedra e o norte e leste de Ourense, con algunha chuvia ocasional no norte de Lugo, quedando o ceo máis despexado canto máis ao suroeste. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, rexistrándose xeadas febles en comarcas de interior, e as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do leste e nordés, con intervalos fortes no litoral coruñés, tal e como comenta MeteoGalicia.

Comments