Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As comarcas volverán ter hoxe martes os ceos con nubes e claros e temperaturas en lixeiro ascenso

IsmaelRS/Xeral

A situación sinóptica na xornada do martes non presenta moitos cambios. Galicia continuará baixo influencia feble do anticiclón dos Azores e as frontes seguirán a circular ao norte da península Ibérica, non moi lonxe dela. Deste xeito, amencerá con ceos despexados ou con nubes altas, agás no val do Miño e en comarcas do terzo norte, onde teremos néboas, brétemas ou intervalos de nubes baixas que se irán desfacendo co avance da mañá. A partir do mediodía medrarán nubes de evolución diúrna que poderían deixar algunha treboada illada, principalmente nas montañas do leste de Lugo e Ourense. Pola noite, volverán entrar brétemas e nubes de tipo baixo na metade norte. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro, puntualmente moderado no caso das máximas. Os ventos soprarán do leste e nordés no extremo norte e de compoñente norte no resto, frouxos en xeral, moderados entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



18 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE