As comarcas volverán ter hoxe martes os ceos con moitas nubes e chuvascos treboentos
IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, Galicia continuará afectada pola borrasca localizada ao oeste, co seu centro preto da costa atlántica. Esta situación vai provocar moita inestabilidade atmosférica, polo que a xornada transcorrerá con ceos nubrados e chuvascos puntualmente fortes e localmente acompañados de aparato eléctrico, máis xeneralizados pola tarde. As temperaturas terán poucas variacións. O vento soprará de compñente sur, forte no litoral oeste e en zonas montañosas, tal e como comenta MeteoGalicia.
