top of page

As comarcas volverán ter hoxe mércores os ceos parcialmente nubrados e chuvascos ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Galicia continuará baixo os efectos da borrasca situada sobre o Cantábrico, que se irá movendo cara á Francia deixando un corredor de ventos de compoñente norte. Polo tanto, o ceo estará parcialmente nubrado con chuvascos, máis frecuentes cara ao nordés da Comunidade, que irán remitindo ao longo da xornada. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e as máximas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos no suroeste. O vento soprará do norte e noroeste, con intervalos fortes no extremo norte pola mañá, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page