top of page

As comarcas volverán ter hoxe mércores os ceos con nubes e claros e temperaturas en lixeiro descenso

IsmaelRS/Xeral

A situación atmosférica continuará sendo moi indefinida durante esta xornada, sen centros de acción próximos a Galicia. Isto deixará unha mañá de nubes baixas e néboas en xeral que dará paso a unha tarde co ceo algo máis aberto. Posibilidade dalgunha chuvia moi feble e ocasional no litoral oeste. Brétemas costeiras no litoral atlántico,localmente persistentes. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou en lixeiro descenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable en xeral, tomando unha compoñente oeste progresivamente, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page