As comarcas volverán ter hoxe mércores os ceos con moitas nubes e chuvascos treboentos
IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, a borrasca dos días previos manterá a Galicia no seu radio de acción, aínda que ao final da xornada debilitarase rápidamente. De todos os xeitos, haberá moita inestabilidade atmosférica e, polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos puntualmente fortes e localmente treboentos, máis xeneralizados pola tarde. Cara á noite, as precipitacións remitirán en boa parte do territorio. As temperaturas manteranse sen grandes cambios. O vento soprará do sur e sueste, tal e como comenta MeteoGalicia.
