As comarcas volverán ter hoxe domingo os ceos pouco nubrados ou despexados
IsmaelRS/Xeral

Na xornada do domingo, Galicia vai continuar nunha situación intermedia en superficie pero con aire frío en capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito, o día comezará con néboas nos vales dos ríos, especialmente o Miño, o Navia e o Eo, e con ceo pouco nubrado ou despexado no resto. A medida que avance a tarde, irán entrando nubes de sur a norte, con posibilidade dalgúns chuvascos illados durante a noite na metade sur. As temperaturas permanecerán sen cambios significativos, rexistrándose xeadas de madrugada no interior. O vento soprará frouxo e irá virando ao longo do día de compoñente leste a compoñente sur.
Atención para domingo:
Xeadas febles no interior das catro provincias, localmente moderadas na de Ourense, tal e como comenta MeteoGalicia.
