
As comarcas volverán ter hoxe domingo os ceos pouco nubrados con temperaturas en ascenso
IsmaelRS/Xeral

Hoxe continuaremos na influencia das altas presións, cun fortalecemento da circulación do nordés e con entrada de aire moi cálido. Así teremos unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral e posible formación de nubes de evolución pola tarde en comarcas do sueste. As temperaturas ascenderán lixeiramente acadando valores moi elevados sore todo ao sur. O vento soprará do nordés frouxo, con intervalos moderados pola tarde en terra e forte entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia.
