Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

As comarcas volverán quedar hoxe mércores baixo a influencia anticiclónica

Agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte, coa posibilidade dalgunha chuvia, pola súa parte na metade sur contaremos con ceos despexados.


IsmaelRS/Xeral

Galicia estará durante este mércores baixo influencia anticiclónica, coas altas presións centradas ó suroeste de Irlanda. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte, coa posibilidade dalgunha chuvia no norte da provincia de Lugo e ceos despexados na metade sur. Pola tarde medrarán nubes de evolución, que mesmo poden deixar algún chuvasco treboento no sueste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade a moderados pola tarde, tal como comenta MeteoGalicia.


39 visualizaciones0 comentarios