IsmaelRS/Xeral

Na xornada do venres, a configuración atmosférica non terá moitos cambios, coa borrasca quasi-estacionaria sobre o Atlántico e a presenza de aire frío en capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito, agárdase unha mañá de brétemas no litoral, bancos de néboa illados no interior e algúns intervalos nubrados no resto. A partir do mediodía medrarán nubes de evolución diúrna que darán lugar a chuvascos e trebóns localmente fortes, acompañados de saraiba e refachos de vento.
Publicidade
As temperaturas permanecerán sen cambios significativos. O vento soprará de dirección variable.

Publicidade
Atención para venres:
Chuvascos e trebóns localmente fortes, acompañados de saraiba e refachos de vento, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 26 | 15 |
Antas de Ulla | 25 | 15 |
Arzúa | 26 | 15 |
Boimorto | 25 | 15 |
Dozón | 24 | 14 |
Lalín | 25 | 15 |
Melide | 26 | 15 |
Monterroso | 26 | 15 |
O Pino | 26 | 15 |
Palas de Rei | 25 | 15 |
Rodeiro | 25 | 15 |
Santiso | 27 | 16 |
Silleda | 26 | 15 |
Sobrado dos Monxes | 25 | 15 |
Toques | 25 | 15 |
Touro | 24 | 15 |
Vila de Cruces | 25 | 14 |
Comments