top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe xoves os ceos parcialmente nubrados pola mañá e despexados pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, as altas presións fortaleceranse sobre o suroeste de Europa e comezarán a marcar o tempo da nosa Comunidade. Deste xeito, o día amencerá con ceos nubrados e algún orballo illado na marxe atlántica e con néboas e intervalos de nubes baixas no resto, con menos nubes no norte de Lugo. Ao longo da tarde iranse abrindo grandes claros, especialmente na metade leste. As temperaturas non terán grandes cambios na fachada atlántica, pero as mínimas descenderán e as máximas ascenderán lixeiramente no interior. O vento soprará frouxo de compoñente sur, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


12 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page