As comarcas terán hoxe xoves os ceos parcialmente nubrados con chuvascos de tipo tormentoso
IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves Galicia continuará coa presenza de aire cálido en superficie e aire frío en altura con moita inestabilidade atmosférica. Deste xeito, o ceo presentarase parcialmente nubrado con chuvascos de tipo tormentoso, máis probables pola tarde en comarcas do interior. Posibilidade de brétemas costeiras. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán de xeito lixeiro, localmente moderado. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia.
