As comarcas terán hoxe xoves os ceos nubrados e chuvascos intermitentes acompañados de sarabia
IsmaelRS/Xeral

Despois do paso da fronte fría durante a madrugada, Galicia irá quedando na zona de chuvascos que veñen detrás. Así, a xornada será de ceos parcialmente cubertos, con precipitacións intermitentes localmente treboentas e acompañadas de sarabia. As temperaturas mínimas descenderán entre lixeira e moderadamente, especialmente no interior, quedando as máximas sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte.
Atención para xoves:
Chuvascos localmente fortes que poden vir acompañados de aparato eléctrico e saraiba, especialmente na metade norte, tal e como comenta MeteoGalicia.
