As comarcas terán hoxe xoves os ceos cubertos a primeiras horas do día e con temperaturas en ascenso
IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves prevese a entrada das altas presións que nos traerán unha xornada que comeza con ceos nubrados e néboas no interior pero que dará paso a unha tarde de ceos despexados. As mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentras que as máximas experimentarán un ascenso entre moderado e notable. O vento soprará frouxo de compoñente norte, tal e como comenta MeteoGalicia.
