As comarcas terán hoxe xoves os ceos alternando nubes e claros con chuvascos ocasionais
- IsmaelRS

- 30 jun 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, será unha xornada de transición cara ás altas presións, aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros na metade norte, con posibilidade dalgún chuvasco moi illado e ocasional no litoral, e pouco nubrados ou despexados no resto. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados nas Rías Baixas, tal e como comenta MeteoGalicia.







Comentarios