top of page

As comarcas terán hoxe venres os ceos parcialmente cubertos con temperaturas sen grandes cambios

IsmaelRS/Xeral

Galicia continuará durante o venres baixo influencia anticiclónica, con entrada de aire frío na capas altas da atmosfera que traerá algo de inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con nubes de tipo medio e alto. Brétemas costeiras nas primeiras e derradeiras horas do día e posibilidade de chuvascos tormentosos á tarde na metade leste.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, as máximas sen cambios. Os ventos soprarán frouxos en xeral, de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page