top of page

As comarcas terán hoxe venres os ceos nubrados pola mañá e despexados pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Galicia recuperará a influencia das altas presións na xornada do venres, pero, de novo, con ventos marítimos de compoñente norte. Con esta situación, teremos abundantes néboas e nubes baixas pola mañá, con posibilidade dalgunha chuvia feble e dispersa entre A Mariña e Bergantiños, que irán diminuíndo segundo avance o día. Pola tarde, ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As mínimas manteranse sen cambios significativos e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, máis acusado nas Rías Baixas Os ventos soprarán do norte e nordés, máis intensos pola tarde, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page