IsmaelRS/Xeral

Tralo paso na madrugada do venres dunha valgada polo Cantábrico, irase reforzando a influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con abundantes nubes por la mañana, con chuvias febles no litoral cantábrico. Segundo pasen as horas, iranse abrindo importantes claros, especialmente na metade sur. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán moderados do norte e nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico, tal e como comenta MeteoGalicia.

Comments