top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe venres certa inestabilidade con posibilidade de treboadas illadas

IsmaelRS/Xeral

Aínda que durante o venres predominará a influencia anticiclónica sobre Galicia, con aire cálido en superficie, a presenza de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a certa inestabilidade e á posibilidade de treboadas illadas no interior pola tarde. Deste xeito, os ceos presentarán poucas nubes ou intervalos de nubes altas pola mañá, medrando nubes de evolución pola tarde no interior, sen descartar algún amago treboento. As mínimas continuarán sen cambios mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral norte, tal e como comenta MeteoGalicia

Fonte: MeteoGalicia

85 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page