top of page

As comarcas terán hoxe sábado os ceos pouco nubrados con temperaturas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Na xornada de hoxe, fortalecerase a influencia anticiclónica. Deste xeito, teremos intervalos de nubes baixas no terzo norte, que irán desfacéndose co avance da mañá, e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, localmente moderado no caso das máximas. Os ventos soprarán do norte e nordés, máis intensos pola tarde, cando poden acadar intervalos fortes na Costa da Morte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page