top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe sábado os ceos pouco nubrados, con bancos de néboa e temperaturas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, pero con ventos de compoñente oeste. Deste xeito, agárdanse intervalos de ceo nubrado no cuadrante noroeste, sen desbotar algunha chuvieira dispersa no litoral, e ceo pouco nubrado no resto, con bancos de néboa no interior e brétemas costeiras ás primeiras horas. Pola noite, as brétemas entrarán en terra e estenderanse cara ao interior das provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos moderados no extremo norte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page