IsmaelRS/Xeral
Galicia quedará na xornada de hoxe sábado baixo a influencia dunha profunda borrasca que se situará entre Galicia e Irlanda deixando un novo episodio de temporal de chuvia e vento. Os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias que se rexistrarán durante toda a xornada, máis intensas nas primeiras e derradeiras horas do día.
Publicidade
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente oeste, moi forte no litoral e moderado con refachos fortes en terra.
Publicidade
Atención para hoxe sábado 04 Vento moi forte de compoñente oeste, con forza 8-10 no mar e refachos de máis de 80 km/h en terra e superando os 90-100 Km/h no litoral norte e zonas altas.Situación moi complicada no mar con ondas superiores aos 8 metros, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 15 | 7 |
Antas de Ulla | 15 | 7 |
Arzúa | 16 | 9 |
Boimorto | 15 | 8 |
Dozón | 13 | 6 |
Lalín | 15 | 7 |
Melide | 16 | 8 |
Monterroso | 15 | 8 |
O Pino | 16 | 10 |
Palas de Rei | 15 | 7 |
Rodeiro | 14 | 7 |
Santiso | 16 | 9 |
Silleda | 16 | 9 |
Sobrado dos Monxes | 15 | 7 |
Toques | 15 | 8 |
Touro | 16 | 10 |
Vila de Cruces | 16 | 8 |
Comments