As comarcas terán hoxe sábado os ceos nubrados e as precipitacións farán acto de presenza pola tarde
IsmaelRS/Xeral

Non se agardan cambios significativos para o sábado, con Galicia na influencia das baixas presións que enviarán unha fronte a partir do mediodía. Así, comezaremos a xornada con alternancia de nubes e claros e co avance do día irán chegando as chuvias que comezarán pola franxa atlántica e se estenderán ao resto da Comunidade. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur.
Atención para sábado:
Ventos fortes do sur, tal e como comenta MeteoGalicia.
