top of page

As comarcas terán hoxe sábado néboas matinais e pola tarde pode haber treboadas illadas

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado, continuará a influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, agárdanse néboas matinais en zonas de interior, intervalos de nubes baixas no norte de Lugo e A Coruña e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. Pola tarde, medrarán nubes de evolución diúrna en zonas montañosas do interior que poderán deixar treboadas illadas. Na madrugada do domingo achegaranse brétemas polo sur das Rías Baixas. As temperaturas manteranse sen cambios significativos, con descensos puntuais das mínimas e ascensos lixeiros das máximas no oeste da provincia da Coruña. Os ventos soprarán de compoñente leste, con intervalos fortes nos arredores de Ortegal, rolando a compoñente sur durante a noite, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page