top of page

As comarcas terán hoxe sábado certa inestabilidade con posibilidade de chuvascos tormentosos

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado quedaremos nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre as Illas Británicas e unha baixa térmica peninsular, con entrada de aire cálido en superficie que traerá un aumento significativo da inestabilidade atmosférica. Agárdase así unha xornada de ceos con nubes e claros, con chuvascos tormentosos pola tarde, máis probables no sur e leste de Galicia. As temperaturas ascenderán lixeiramente con tarde de calmuzo en xeral. O vento soprará frouxo de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia

Fonte: MeteoGalicia

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page