top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe os ceos pouco nubrados pola mañá e con posibilidade de treboadas pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Galicia mantense nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao norte e a baixa térmica da península. Así, agárdase unha xornada con bancos de néboa matinais no interior que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, entrando nubes de tipo alto polo oeste a partir do mediodía. Co avance da tarde formaranse nubes de evolución, con posibilidade dalgún chuvasco tormentoso. As temperaturas non experimentarán cambios ou as máximas un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, fortes entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



15 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page