top of page

As comarcas terán hoxe os ceos parcialmente nubrados con precipitacións dispersas e intermitentes

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, sendo unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica. Polo tanto, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións dispersas e intermitentes, máis frecuentes pola mañá no oeste do territorio, que remitirán ao longo da tarde. Na madrugada do xoves, día 10, é posible a formación de bancos de néboa en comarcas do interior. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo en xeral e virará de compoñente oeste a compoñente sur ao longo do día, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page