IsmaelRS/Xeral
Hoxe domingo, Galicia estará con aire cálido en superficie e aire frío en altura, polo que continuaremos con certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, comezarmos a xornada con nubes e claros, néboas no interior e brétemas no litoral. Co avance do día teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso máis probables e intensos na provincia de Lugo e tamén posibles chuvascos pola noite entre o sur da provincia de Pontevedra e Costa da Morte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments