As comarcas terán hoxe os ceos nubrados pola mañá e iranse aclarando a medida que avance o día
IsmaelRS/Xeral

Hoxe domingo Galicia recuperará influencia anticiclónica. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado pola mañá polo noroeste, sen descartar a posibilidade dalgunha chuvia moi feble e quedando máis despexado co avance do día na maior parte do territorio.
Publicidade
As temperaturas mínimas descenderon moderadamente e as máximas estarán en lixeiro ascenso.

Publicidade
O vento soprará frouxo do sudoeste con intervalos de moderado entre Fisterra e Estaca de Bares en mar aberto, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 21 | 10 |
Antas de Ulla | 22 | 10 |
Arzúa | 22 | 11 |
Boimorto | 21 | 11 |
Dozón | 21 | 10 |
Lalín | 21 | 10 |
Melide | 22 | 11 |
Monterroso | 23 | 10 |
O Pino | 22 | 12 |
Palas de Rei | 22 | 10 |
Rodeiro | 22 | 10 |
Santiso | 23 | 11 |
Silleda | 22 | 11 |
Sobrado dos Monxes | 21 | 11 |
Toques | 21 | 11 |
Touro | 23 | 13 |
Vila de Cruces | 21 | 10 |