top of page

As comarcas terán hoxe os ceos nubrados pola mañá con posibilidade de choivas e claros pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, unha fronte pouco activa afectará a Galicia durante a mañá, traendo consigo un aumento de nubes, agás no sueste, e algunha chuvia dispersa de carácter feble no terzo norte. Co avance da tarde, iranse abrindo grandes claros. As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, localmente notable nas serras do leste da Comunidade. Os ventos virarán a compoñente norte tralo paso da fronte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page