top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe os ceos nubrados e precipitacións localmente fortes e de carácter tormentoso

IsmaelRS/Xeral

Non se agardan cambios significativos para o xoves, xa que Galicia segue na influencia da profunda borrasca situada ao oeste que nos enviará unha nova fronte activa. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións, localmente moi fortes e de carácter tormentoso, que comezarán a rexistrarse no oeste durante a mañá e que a partir do mediodía chegarán a toda Galicia. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos puntualmente moi fortes.

Atención para xoves: Chuvias puntualmente moi intensas e acompañadas de aparato eléctrico. Refachos de vento localmente superiores aos 70-80 km/h, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page