top of page

As comarcas terán hoxe os ceos nubrados e chuvias máis persistentes e intensas a primeiras horas

IsmaelRS/Xeral

Non se agardan cambios significativos para hoxe xoves, con Galicia na influencia das borrascas que seguirán enviando sucesivas frontes. Así, o ceo estará nubrado con chuvias, máis persistentes e intensas a primeiras horas e collendo carácter máis intermitente á tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte.

Atención para hoxe xoves: Chuvias persistentes ás primeiras horas, especialmente na fachada atlántica, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page