top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe os ceos nubrados e chuvascos durante todo o día, máis fortes pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, Galicia atoparase baixo influencia das baixas presións, co paso dunha fronte cálida pola mañá e dunha fronte fría pola tarde. Deste xeito, os ceos quedarán cubertos en xeral, con chuvias febles durante a mañá e cada vez máis intensas segundo avance a tarde, persistentes na fachada atlántica e nas zonas altas da Comunidade e intermitentes no resto. As temperaturas manteranse sen cambios significativos, rexistrándose pouca oscilación térmica. Os ventos soprarán do suroeste, fortes no litoral e nas zonas altas.


Atención para mércores:

Chuvias persistentes na vertiente atlántica e nas zonas altas. Ventos fortes no litoral e nas zonas montañosas, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


10 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page