top of page

As comarcas terán hoxe os ceos nubrados e algunha chuvia feble e co avance da mañá abriranse claros

IsmaelRS/Xeral

Situación de transición á espera dun novo empeoramento para o xoves. Así, comezaremos o día con nubes baixas e algunha chuvia feble, co avance da mañá iranse abrindo claros. Cara á noite comezarán os chuvascos pola franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán lixeiros ascensos, sen cambios as máximas. Os ventos soprarán do oeste, virando a sur nas últimas horas do día, soprando en xeral con escasa intensidade, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page