top of page

As comarcas terán hoxe os ceos despexados pola mañá e con posibilidade de treboadas pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, Galicia atópase a medio camiño entre o área de baixas presións no centro da península e o anticiclón localizado entre os Azores e as Illas Británicas. Deste xeito, agárdase ceo pouco nubrado ou despexado en xeral, con algún banco de néboa matinal no interior e con presenza de brétemas no litoral atlántico. Segundo avance o día, volverán medrar nubes de evolución diúrna en comarcas do interior que poden deixar algúns chuvascos illados acompañados de treboada. As temperaturas non experimentarán cambios importantes ou ascenderán lixeiramente as mínimas. Os ventos soprarán do leste e nordés na metade norte, con intervalos fortes no norte e noroeste da Coruña e no interior norte de Lugo, e de dirección variable no resto, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page