Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe os ceos cubertos e chuvias intensas pola mañá que irán remitindo cara á tarde

IsmaelRS/Xeral

Durante as primeiras horas do luns estará pasando unha fronte fría por Galicia, que deixará os ceos cubertos e chuvias intensas. A partir do mediodía, iremos quedando na zona de chuvascos con progresiva entrada de aire frío. A cota de neve situarase pola tarde nos 1000-1100 metros descendendo progresivamente aos 900 metros xa pola noite. As temperaturas irán en progresivo descenso co avance do día. O vento soprará forte, do oeste pola mañá, virando a noroeste a partir do mediodía, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


12 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif