top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe os ceos con nubes de tipo alto pola mañá e irán mudando co avance do día

IsmaelRS/Xeral

Durante o sábado, Galicia permanecerá aínda na influencia anticiclónica, con ventos de compoñente sur. Así, haberá néboas matinais a carón dos ríos e ceo con intervalos de nubes altas no resto, aumentando a nebulosidade de tipo baixo desde o oeste da Comunidade segundo avance a tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente no litoral atlántico, quedando as máximas sen cambios significativos en xeral. O vento sur irá aumentando de intensidade ao longo do día, acadando refachos fortes nas provincias atlánticas e nas zonas altas, collendo compoñente sur co avance da tarde, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


11 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page