top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe martes os ceos pouco nubrados e coas temperaturas mínimas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Mantense para hoxe martes a influencia anticiclónica e o aire cálido sobre Galicia. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes altas. Polo litoral Atlántico irán entrando brétemas que se estenderán a toda a costa co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán na franxa atlántica e ascenderán de xeito moderado no norte de Lugo. O vento soprará frouxo de dirección variable, predominando o nordés na costa norte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



15 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page